CÍRCULO
-5%

CÍRCULO

DE TORO, SUSO

20,50 €
19,48 €
IVA incluido
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
1998
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-8302-317-4
Páginas:
240
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
20,50 €
19,48 €
IVA incluido

Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. Para Suso de Toro " a forma de Círculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe Uroboros dos alquimistas, o círculo. Quixen, como en Tic-Tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. Alí quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivíndoa sen esperanza, desesperadamente. Aquel era libro moi masculino en moitos sensos. Aquí, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. Unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terríbel; o aceptamento do terríbel. E tamén, por así dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollín a esa visión mítica que me dá a laquimia, " a Gaya Ciencia " , do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. Que xa vén da sabedoría presocrática. O que é certo é que establece unha relación con Tic-Tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. E que está feito de soño e de afán de verdade " .

Artículos relacionados

  • PERDER EL JUICIO
    HARWICZ, ARIANA
    Pensamos que no seríamos capaces de cometer un crimen, hasta que lo hacemos. Los seres humanos piensan que saben de qué son capaces. Creen que no podrían escapar de los policías, que nunca le harían mal a un niño. Yo no podría matar a mis padres; hagan lo que hagan, me dieron la vida. O yo no llegaría jamás hasta la violación. No sería capaz de acelerar al volante en un puente ...
    En stock

    17,90 €17,01 €

  • EL FIN DE UN MUNDO
    ROMERO SALVADOR, CARMELO
    Es esta una novela que nos habla de la desaparición de un mundo y de quienes lo habitan a través de las voces de dos de sus protagonistas. Manuela y Antonino relatan a un urbanita de visita en el pueblo los entresijos de la vida rural y campesina al tiempo que este último, escritor, les comparte a ellos su mirada sobre algunos de los episodios más relevantes de la historia de l...
    En stock

    22,50 €21,38 €

  • RETRATO DEL FIN DEL MUNDO
    RUIZ CABALLERO, CARLOS
    El 6 de marzo de 1937 Margarita Rocha y Néstor Mendoza se casaron en el campo de concentración de Fyffes, en Tenerife, pocas horas antes de que él fuera fusilado. Ella tenía veintidós años y él veinticinco. Ambos eran anarquistas. Partiendo de la historia real de Margarita Rocha, pero con un estilo torrencial y exuberante, más cercano al realismo mágico que al naturalismo, Carl...
    En stock

    19,90 €18,91 €

  • BLACKWATER V. LA FORTUNA
    MCDOWELL, MICHAEL
    Descubre el quinto volumen de la saga Blackwater. Una saga matriarcal. Mujeres poderosas que luchan por el dominio durante generaciones. Una atmosfera unica para una lectura adictiva. Un retrato realista con toques sobrenaturales. Escritura magistral y visual en un ambicioso proyecto entre el pulp y HBO. «Michael Mcdowell: mi amigo, mi maestro. Fascinante, aterrador, simplement...
    En stock

    9,90 €9,41 €

  • PLAYA, LA
    PEREZAGUA, MARINA
    En La playa, una madre primeriza tiene que dar a luz en circunstancias de vida o muerte. Su propia madre se aleja de ella en ese preciso momento, cuando más la necesita. Comienza entonces una profunda indagación en los pensamientos de esa madre primeriza y en peligro. No es este un libro sobre la maternidad. O no sólo. Más bien la maternidad es una analogía de esos claroscuros...
    En stock

    25,00 €23,75 €

  • LAS DOS CARAS DE NINA. EL CRECIMIENTO QUE EMERGE DE LA CURA DEL TRAUMA
    SALVADOR, MARIO C.
    Nina tiene veinte años y dos caras. Tiene días buenos en los que va a la universidad y queda con sus amigos. Aun así, se siente desconectada del mundo, una sensación que la desborda en los días malos, cuando se encierra en su habitación y, profundamente triste, no tiene energías para hacer nada. Animada por sus padres, Nina accede a ir a terapia. Allí conocerá a Amalia, quien l...
    En stock

    14,50 €13,78 €

Otros libros del autor

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • DESCUBRINDO ANA PONTÓN
    DE TORO, SUSO
    Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do na...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • AMBULANCIA
    DE TORO, SUSO
    A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se ...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • UNHA ROSA É UNHA ROSA
    DE TORO, SUSO
    "Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • POLAROID
    DE TORO, SUSO
    A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha autén-tica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada s...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • DENTRO DA LITERATURA
    DE TORO, SUSO
    Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir. En palabras do...
    En stock

    17,95 €17,05 €