?Destrucción? é a historia dun episodio de dominación e humillación, longo e prolongado como a vida mesma. E ao mesmo tempo, e sobre todo, ?Destrucción? é unha historia de rebelión e de vinganza, dun brutal axuste de contas ante tanta humillación; un axuste de contas que a protagonista, Felisa, se encarga de executar.
Xavier López Rodríguez constrúe aquí unha novela chea de tensión, moderna, que descubre as súas cartas desde o principio e que atrapa ao lector ata o remate. ?Destrucción? conta unha historia chea de crueza, espida, fondamente arraigada na cultura popular e na sociedade máis tradicional, que, desde a Galicia profunda onde está amibientada, proxecta un tema de extremada actualidade: os malos tratos.