Días de desterro é unha novela breve, que en a penas noventa intensas páxinas, redactadas en forma de quince cartas, narra unha historia turbulenta, un pasado de droga e delicuencia que a xustiza non lle deixa esquecer ó protagonista. Un xove de vintedous anos, ex-heroinómano e enfermo de sida, vese obrigado a fuxir da cidade para evitar entrar na cadea por un atraco que cometeu hai catro anos. O encontro inesperado co mundo rural permitiralle coñecer unha sociedade chea de vellos onde as cousas parecen máis sinxelas e os praceres e as relacións humanas, quizais, máis auténticas.
Días de desterro é unha novela que atrapa ó lector desde a primeira páxina e que formula múltiples interrogantes sobre a problemática actual da mocidade urbana: a droga, a sida, o desemprego... Vivimos entre a sociedade urbana que afoga ós xoves e a sociedade rural onde os maiores manteñen a identidade que nos une. Conflicto e identidade de moitos dos mozos galegos de hoxe. Unha novela comprometida e polémica que promoverá un grande debate entre os lectores.