FENDA, LOUCURA E MORTE
-5%

FENDA, LOUCURA E MORTE

BLIXEN, KAREN / PERKINS, CHARLOTE / PARDO BAZAN, EMILIA

7,10 €
6,75 €
IVA incluido
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
1999
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-8302-396-9
Páginas:
96
Encuadernación:
Otros
Colección:
ALTERNATIVAS
7,10 €
6,75 €
IVA incluido

O feito de reunir nun mesmo volume estes catro relatos (``A páxina en branco´´ de Karen Blixen; ``O papel de parede amarelo´´, de Charlotte Perkins Gilman; e ``O indulto´´ e ``O encaixe roto´´, de Emilla Pardo Bazán) non é un feito arbitrario. A pesar da distinta procedencia das escritoras, danesa, americana e española, e incluso de época, teñen unha mesma liña ideolóxica. Charlotte Perkins e Emilia Pardo Bazán escriben na segunda metade do século XIX e primeira do XX. Karen Blixen comeza a escribir tarde, no ano 1931, ao seu regreso de África. A orde, neste volume, non corresponde coa cronoloxía da creación, Senón coa significación da propia historia. Parten dun feito clave: a perda da virxindade, da pureza, considerada como valor supremo das mulleres, para seguir co matrimonio que, unha vez perdida esa integridade persoal, condena as mulleres á dependencia, ao infantilismo, á perda da confianza en si mesmas e, no peor dos casos, á morte. Nestes relatos encontramos unha crítica común a esta institución e á condición social das mulleres. Baixo esta perspectiva ideolóxica reunín e traducín estas catro historias que son catro pequenas obras mestras, cunha profunda precisión psicolóxica, que confrontan a política sexual e a problemática do matrimonio. Son magníficos documentos feministas. María Xosé Queizán.

Artículos relacionados