IRMÁN REI ARTUR
-5%

IRMÁN REI ARTUR

REIGOSA, CARLOS G.

15,50 €
14,73 €
IVA incluido
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Libros ilustrados
ISBN:
978-84-8302-606-9
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
15,50 €
14,73 €
IVA incluido

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.
A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflito: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.
Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traizón por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa dunha rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer vítima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.
Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construíra derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, "volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar".

Artículos relacionados

  • UN AMOR TAN GRANDE
    DIAZ REGUERA, RAQUEL
    ¿Cómo se mide el amor de mamá? Un amor tan grande no cabe en la maleta de un gigante, ni en el sombrero de un elefante ni en un beso de la luna. Tampoco puede guardarse en ningún sitio. Bueno, sí. Solo hay un sitio donde cabe tanto amor. ...
    En stock

    15,90 €15,11 €

  • CONTANDO CRIATURAS
    LEONE, DEE
    ¡Aprende a contar de la manera más monstruosamente divertida! Prepárate para conocer un mundo lleno de criaturas traviesas, en este original libro repleto de ritmo y humor para leer en voz alta. Conoce a pequeños duendes de rodillas nudosas, monstruos gruñones con pelos de punta, dragones lanzallamas de escamas brillantes… ¡y muchos monstruitos más! Con un texto rimado, ilustra...
    En stock

    14,96 €14,21 €

  • BUSCA Y ASUSTA. ¡CON ACTIVIDADES!
    PAZOS, FEDE
    ¡El libro de busca y encuentra más monstruosamente divertido para celebrar Halloween! ¡Y con actividades! ¡Prepárate para una noche de Halloween llena de monstruos, música y diversión! Vladi, un pequeño vampiro guitarrista, y Circe, una brujita experta en maracas, han sido invitados a las fiestas más terroríficamente divertidas del año. Pero, antes de empezar a bailar, necesita...
    En stock

    15,95 €15,15 €

  • OVEJITA Y LA CASA ENCANTADA, LA
    SMALLMAN, STEVE
    La ovejita deja de hacer BEEEEEE para decir BUUUUUU... Una historia perfecta para un Halloween que cada vez tiene más adeptos. La ovejita Estofado, el lobo y su cocodrilo Tortilla están disfrutando de un día en la casa embrujada. ¡Qué divertido! Pero… ¿saldrán igualmente felices tras todos los sustos que les esperan? Lee y lo verás; lo pasarás... ¡de miedo! Los niños pequeños d...
    En stock

    9,95 €9,45 €

  • TOCA Y APRENDE - NÚMEROS
    DK
    Un precioso libro interactivo para tocar y sentir que encanta a los más pequeños Los elementos táctiles y las encantadoras imágenes fomentan el desarrollo de las habilidades motoras y el aprendizaje temprano. Una forma interactiva y divertida de ayudar a tu hijo a aprender no solo palabras, sino también números, formas y texturas. Las imágenes llamativas y brillantes y las colo...
    En stock

    7,95 €7,55 €

  • PATRULLA CANINA PRIMERA AVENTURA. DINOPE
    NICKELODEON
    ¡Prepárate para una acción trepidante llena de dinosaurios! Únete a la Patrulla Canina en este libro basado en «La Dino Película», que se estrenará en los cines en el verano de 2026. ¡La Patrulla Canina vuelve a la gran pantalla con una tercera película con increíbles aventuras y ¡muchos dinosaurios! Una tormenta lleva a la Patrulla Canina a una isla tropical repleta de dinosa...
    En stock

    8,95 €8,50 €

Otros libros del autor

  • SEGREDOS DE BRETAÑA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede alí ten explicacións máxicas que remiten as responsabilidades ao trasmundo. Ata que un día o escritor Isauro Guillén chega a este espazo para descansar, despois de terminar unha novela. De súpeto, os misterios que lle van contando os veciños comezan a revelarlle ...
    En stock

    21,50 €20,43 €

  • KID SALVAXE
    REIGOSA, CARLOS G.
    Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»- que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un long...
    En stock

    14,90 €14,16 €

  • A LEI DAS ANIMAS. A NOVELA DA SANTA COMPAÑA. 2ª EDICIÓN
    REIGOSA, CARLOS G.
    Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama. En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro. ...
    En stock

    20,55 €19,52 €

  • A VIDA DO OUTRO
    REIGOSA, CARLOS G.
    A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornab...
    En stock

    20,95 €19,90 €

  • PEPA A LOBA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixa...
    En stock

    20,50 €19,48 €

  • NARCOS
    REIGOSA, CARLOS G.
    O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco...
    En stock

    23,95 €22,75 €