Desde hai anos sete músicos espallan a nosa cultura musical polo mundo adiante, co recoñecemento de recuperar e loitar pola música tradicional galega. Achegan ás nosas melodías sonoridades foráneas ao tempo que galeguizan musicalmente o resto do mundo. Este libro amosa a traxectoria de Milladoiro ao longo da súa existencia como grupo, tanto na súa faciana profesional como humana, dun xeito ameno, cheo de anécdotas que contan os propios membros da formación.