Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea
Un libro ameno de ler que nos fala do pasado dunha parroquia de Ames
desde as vivencias do seu autor. Relata a forma de vida dunha aldea
próxima á cidade de Compostela, cuestións relativas á produción agraria,
a dor e a pegada deixada polos veciños e veciñas que emigraron, as
vivencias durante a Guerra Civil, etc?, todo isto contado coa paixón de
alguén que o viviu.