Textos inéditos, debates, opinións, tendencias... animan este demorado percorrido pola mesta fraga das publicacións periódicas de Galicia e mailas súas relacións coas do resto de España, Portugal, Hispanoamérica e Francia.
Eis unha vasta investigación de esquecementos hemerotéquicos, que descobre unha gran riqueza ?marxinada da historia da literatura tradicionalmente-, que ilumina a obra literaria formalizada en libro e que evidencia a relación entre literatura e xornalismo.
Este volume, segundo e último, abrangue dende 1920 ata coma quen di os nosos días. Da coruñesa-uruguaia revista Alfar ó ??Suplemento Literario de La Noche?? que aparece en 1949. Completando a obra cun nutrido apéndice bibliográfico no que se detallan as publicacións relacionadas en diversos aspectos coa literatura e maila prensa literaria en xeral e galega en particular.
Non hai ningunha dúbida de que o conxunto constitúe unha obra certamente pioneira e absolutamente indispensable.