Presentamos un valioso documento. A publicación facsimilar dunha revista, PEÑA TREVINCA. MONTAÑEROS DE GALICIA, da que só se conserva hoxe unha colección completa: nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras entre 1944 e 1950. Unha iniciativa pioneira no eido do montañismo e da natureza. Ademais foi nestas páxinas onde o avogado e poeta valdeorrrés Florencio Delgado Gurriarán vería publicado en 1948 (desde o seu exilio en México) o seu primeiro poema na súa terra natal desde o golpe de 1936.