Na Grande Academia Espacial, onde se adestran os futuros astronautas,hai moi poucas nenas. Vera é unha nena brillante e supera unha probatras outra, pero hai algúns nenos na súa clase que pensan que unhanena non debería ser astronauta e farán todo o posible paraimpedirllo. Conseguirá Vera superar todas as probas e viaxar a Marte?Despois de `Martina Futbolista`, Susanna Isern e Marta Moreno tráennos a `Vera Astronauta`, un novo libro sobre a importancia de crer nosnosos soños e esforzarse por conseguilos.