Os irmandiños, a obra editada inicialmente en 1971 e que agora se publica na colección "Libros do Centro Dramático Galego"en versión revisada polo propio autor, aborda os feitos da primeira Guerra Irmandiña e da Irmandade Fusquenlla (nome coa que se lle denomina na Crónica de Don Juan Segundo). A obra, concibida na liña dun teatro épico, aborda as protestas dos vasalos das terras do señorío de Andrade, acaudillados polo capitán fidalgo Rui Xordo, que prenderá nun movemento de emancipación galega de campesiños e burgueses, semellante aos que ocorreron en Inglaterra no século XIV e en Alemaña no XVI.